📢 Hoxe na Casa do Concello do Porriño presentouse a campaña NON da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, deseñada polo Club Balonmán Porriño.
No acto estiveron presentes:
👨💼 Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño.
👩💼 Carolina González, concelleira de Igualdade.
🤾♂️ Abel Estévez, presidente do Club Balonmán Porriño.
🤾♀️ Júlia Figueira, xogadora do Conservas Orbe Zendal BM Porriño.
💬 Este ano o club lanza o seu lema:
👉 “A VIOLENCIA NON TEN DORSAL NESTE CLUBE”,
reafirmando o noso compromiso en contra de calquera tipo de violencia en todos os ámbitos da vida cotiá.
🗓️ Este sábado 15 de novembro, o encontro entre o Conservas Orbe Zendal BM Porriño e o Zonzamas estará adicado a esta campaña, sumando o noso gran de area pola igualdade e o respecto 💜
@deportegal @xuntagalicia @igualdadegalicia @oporrinoconcello @carolgcostas @alejandro.lorenzo.caroca